martes, 15 de abril de 2014

TERCEIROS NO CAMPIONATO NACIONAL DE BAILES STANDARD

Sons Club de Baile quere felicitar ós adestradores do clube, Manel López e Beatriz Veiga, que foron quen de acadar un fantástico terceiro posto no campionato nacional.

Un resultado que acadaron con grande esforzo en Sant Cugat, Barcelona, o sábado 5 de abril, tras ir superando ronda a ronda chegaron á mererecida final. Como baile de presentación interpretaron un fermoso Slow Fox e seguidamente xunto cos outros 5 finalistas, bailaron Vals Inglés, Tango, Vals Vienés, o precioso baile das vodas, Slow Fox e Quick Step.

Tras un longo día de deporte, nervios e sudor, chegou a recompensa para Manel e Beatriz, subindo ó desexado podium.

E neste tempo que entra de tantas celebracións, se queren preparar un baile nupcial, qué mellor forma que cos terceiros clasificados a nivel nacional? Os santiagueses Manel e Beatriz son especialistas do baile e do espectáculo, crean coreografías adaptadas ás parellas e incluso preparan mezclas de valses con bachatas

Campións Galegos de Latinos por terceira vez

Manel López e Beatriz Veiga, os adestradores do clube de baile Sons de Santiago de Compostela acadaron o seu terceiro campionato Galego de Latinos.

Esta vez a competición celebrouse na vila coruñesa de Narón o domingo 13 de abril, e os santiagueses impuxeéronse gañanado tódolos bailes, ni máis nin menos que 5, Samba, Chachachá, Rumba, Pasodoble e Jive.

Hai que remarcar que unha das parellas adestradas polos campións, a formada por Francisco Ascanio e Beatriz Villar, obtivo un magnífico terceiro posto.

Así que xa saben, se se queren preparar para as verbenas deste verán xa saben onde dirixirse...Salsa, merengua, Chachachá,  bachata ou zumba agárdanvos.