martes, 15 de abril de 2014

Campións Galegos de Latinos por terceira vez

Manel López e Beatriz Veiga, os adestradores do clube de baile Sons de Santiago de Compostela acadaron o seu terceiro campionato Galego de Latinos.

Esta vez a competición celebrouse na vila coruñesa de Narón o domingo 13 de abril, e os santiagueses impuxeéronse gañanado tódolos bailes, ni máis nin menos que 5, Samba, Chachachá, Rumba, Pasodoble e Jive.

Hai que remarcar que unha das parellas adestradas polos campións, a formada por Francisco Ascanio e Beatriz Villar, obtivo un magnífico terceiro posto.

Así que xa saben, se se queren preparar para as verbenas deste verán xa saben onde dirixirse...Salsa, merengua, Chachachá,  bachata ou zumba agárdanvos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario